viernes, 15 de octubre de 2010

Partido complicado ante o Lourenzá

A U.D. Pastoricense recibirá este domingo ás 16.30 horas a un equipo que está a desenvolver un bo comezo de temporada, como é o Lourenzá. Un equipo que destaca polo seu poderío físico e por facer un fútbol directo e rápido que moitas veces sorprende aos seus rivais. Antes da disputa desta xornada conta con 9 puntos que o sitúan sexto na táboa con dúas victorias, tres empates e unha soa derrota. Hai que destacar a súa capacidade goleadora ao contar con 13 tantos a favor, o segundo equipo que mellor rendabiliza as súas xogadas de ataque.

Para o enfrontamento do domingo, o Lourenzá conta coa dúbida de Recalde, un dos homes máis importantes do equipo, e que leva varias semanas aqueixado dunha escorredura de nocello. Pola súa banda, Fiz non poderá contar por lesión con Iñaki, Raúl, Rafa, Peña, Andrés e Santi e mantén as dúbidas até última hora de Iago, Cami e Diego, que sufriron sendos golpes no partido do pasado fin de semana ante o Bóveda. De confirmárense estas baixas, o entrenador pastoricense só disporía de 16 xogadores para encarar o partido do domingo, o que non vai mermar en todo caso o potencial do equipo da Pastoriza.

O resto da xornada podedes consultalo pinchando aquí.

Por outro lado, o equipo xuvenil recibirá o sábado ás 16.30 ao Ribadeo, no que será a terceira xornada do  campionato e no que os xogadores de Raúl tentarán manter o bo comezo nos dous primeiros partidos coa victoria ante o Foz e o empate en Lourenzá, a priori serios candidatos ao ascenso a Liga Galega.





No hay comentarios:

Publicar un comentario