martes, 26 de octubre de 2010

A U.D. Pastoricense aproba con nota trala disputa dun cuarto de liga

A U.D. Pastoricense está a realizar unha labor excelente no seu estreo na Primeira Autonómica. Trala disputa de case un cuarto de liga, o equipo adestrado por Fiz sitúase no quinto posto con 13 puntos. Nunha liga que neste ano se mostraba competida e que conta con equipos que por tradición sempre xogaron en categorías superiores como Chantada ou Burela e con equipos que en pasada edicións estiveron en preferente, como Santaballés, Valadouro, Ferreira ou Iberia.

O balance do equipo pastoricense é de 3 victorias (Milagrosa, Lourenzá e Cabreiros), catro empates (Burela, Folgueiro, Taboada e Riotorto) e a derrota ante o Bóveda. No plano ofensivo, a U.D. conta con 13 goles a favor, quinto posto neste ranking, e 11 en contra, ocupando o séptimo lugar. En canto aos goleadores do equipo destaca Farra con 4 goles seguido de Iñaki, Iago e Martín con 2. Con un gol atópanse Mel, Iván e Fontela.

Con este panorama, o equipo da Pastoriza sempre mirando con precaución e respecto todos os partidos está a sumar puntos e tan só leva colleitada unha derrota,. Un equipo sen grandes incorporacións pero que se caracteriza por ser un grupo unido, con capacidade de traballo e, sobre todo, con moito sacrificio.

Agardemos que a liña continúe o nivel que se leva demostrado até agora e que se deixe encamiñada a salvación ao remate desta primeira volta. Para comezar, o vindeiro fin de semana a U.D recibe ao Ribadeo, un equipo feito para ascender con xogadores de recoñecido prestixio como Álvaro, Chinco ou Óscar Pol e cun adestrador coñecido para a afección da Pastoriza, Manolo Vilachá. Agardamos todos un partido moi entretido e no que o equipo pastoricense siga invicto no seu feudo.

Como nota positiva de cara ao partido do domingo hai que destacar a recuperación de Cami tralo golpe sufrido na cabeza o pasado domingo mentres facía exercicios de quecemento, o que lle impediu disputar o encontro ante o Cabreiros. Fiz contará coas baixas seguras de Rafa, Iñaki, lesionado, e Alex, que foi expulsado no anterior encontro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario