A U.D. Pastoricense xogará este fin de semana novamente como visitante logo da victoria no campo do Valadouro por 0-1. Nesta ocasión, o rival será o Brollón un equipo que como local só sumou dúas victorias esta tempada e sufriu catro derrotas. O equipo do sur de Lugo conta na clasificación con 15 puntos e na anterior xornada sufriu a derrota ante o Riotorto por 4-3 logo de ir gañando por 1-3 a falta de 20 minutos para o final.
Pola súa banda, o Pastoricense continúa na súa liña de ascenso e viaxa co obxectivo de traer algo positivo para a Pastoriza. Fiz contará coas baixas de Juanma, sancionado, e Raúl, Iago e Xose, lesionados. Iñaki será dúbida até última hora, despois do adestramento desta tarde.
A pesar das baixas, o adestrador de Saldanxe contará con efectivos suficientes para facer un once de garantías que saia, como ben sendo habitual, a pelexar dende o minuto 1 ao 90 para acadar os tres puntos e seguir con esa seguridade defensiva que o está mantendo nos postos altos da tábao. De feito, nos últimos catro encontros só encaixou un gol, a balón parado no partido ante o Fereira.
O resto da xornada podes consultalo aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario