martes, 23 de noviembre de 2010

O xogador do Chantada Kadete sitúa ao Pastoricense nos candidatos ao ascenso

Se ben é certo que a traxectoria do Pastoricense no que vai desta tempada podemos definila como excelente non debemos esquecer aqueles obxectivos que nos marcamos a comezos de tempada que non eran máis que a permanencia nunha cateogoría á que acabamos de chegar e na que levabamos moito tempo sen xogar.

Despois da disputa de 12 partidos o meritorio cuarto posto non fai máis que indicar que todo se está a facer moi ben por parte do adestrador e dos xogadores pero tamén significa que ao ter 21 puntos sumados son menos os que nos faltan para a permanencia. E que canto antes se consiga este obxectivo pois moito mellor e que, evidentemente, non imos a renunciar a quedar segundos nin terceiros nin sextos pero sempre mirando partido a partido.

Facemos este comentario logo das declaracións do xogador do Chantada Kadete que falaba de candidatos ao ascendo, ademais do seu equipo, a Ribadeo, Burela, Lourenzá e Pastoricense. Podes ver as súas palabras pinchando aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario