viernes, 12 de noviembre de 2010

Xornada importante para a U.D. Pastoricense

A xornada deste fin de semana amósase moi importante polos enfrontamentos que se van producir na parte media-alta da táboa onde se atopa a U.D. Pastoricense. O equipo de Fiz recibe o domingo ás 16.00 ao Escairón, décimo na clasificación, con 13 puntos, a tan só dous da escadra da Pastoriza.

Dicíamos que se plantexa como moi importante porque hai varios enfrontamentos entre os 10 primeiros, cos choques entre Burela-Bóveda, Lourenzá-Calasancio e Milagrosa-Taboada. Esta liga está tan igualada que o Pastoricense de acadar os tres puntos podería rematar a xornada de cuarto e de caer derrotado podería situarse no décimo cuarto lugar. Tres puntos, segundo está a clasificación, poden facer variar a túa posición na táboa dez postos.

A U.D. Pastoricense contará para este partido coas baixas seguras de Mel, Rafa e Iñaki e recupera a Peña, aqueixado dunha pubalxia dende a pretempada. Até o adestramento de hoxe Fiz non saberá se pode contar con Raúl, Iago e Martín con diversas molestias.

Para ver o resto da xornada pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario