viernes, 10 de diciembre de 2010

O Pastoricense enfróntase ao Iberia o domingo ás 16.00 horas

A U.D. Pastoricense tratará de volver á senda do triunfo o domingo ás 16.00 horas no campo de San Miguel de Reinante fronte ao Iberia. Despois de caer derrotado, inxustamente, ante o Chantada pola mínima a pasada xornada, a escadra dirixida por Fiz viaxa á mariña lucense coa moral a tope e con gañas de traer de volta os tres puntos.

Para o encontro do domingo o adestrador pastoricense non poderá contar con Iñaki, sancionado; Fontela, sancionado; e Penelas e José Ángel, por motivos persoais. Pola contra, recupera ao porteiro Josiño, a Diego e case con toda seguridade a Raúl. Santi será dúbida até o adestramento de hoxe pola noite.

O Iberia ocupa o 15º lugar da tábao clasificatoria con 16 puntos despois de colleitar 4 victorias, 4 empates e 6 derrotas. Na última xornada, o equipo mariñao venceu por 0-1 no derbi ante o Valadouro o que lle permitía respirar un pouco máis tranquilo. Se ben é certo que coa clasificación actual na preferente grupo norte é máis que probábel que de 1ª autonómica descendan até seis equipos ao final de tempada.

Para ver o resto da xornada pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario