A U.D. Pastoricense xogará este fin de semana un dos partidos máis apaixoantes da tempada ante o Chantada, un duelo entre o primeiro e o terceiro da clasificación e que, polo momento, son so equipos aos que se lle podería dar a mellor nota polo traballo realizado. Por un lado, o Chantada líder indiscutible na categoría e que quere solucionar pola vía rápida o seu regreso á rexional preferente. Pola outra o Pastoricense, terceiro na clasificación e que no seu primeiro ano en primeira autonómica está facendo un papel moi destacado.
Os dous equipos chegan a este partido cun balance moi positivo e tan só cunha derrota en toda a tempada. O Chantada caeu na segunda xornada ante o Burela por 2-1 e o Pastoricense fixo o mesmo co Bóveda por 2-0.
Fiz non poderá contar con Raúl, Rafa e Xose nin co porteiro Josiño, sancionado, despois dun erro arbitral que o expulsou ante o Brollón por tocar o balón fóra da área coa man cando en realidade o despexou coa cabeza.
Para ver o resto da xornada pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario