viernes, 21 de enero de 2011

O Pastoricense visita ao Folgueiro co obxectivo de sumar os tres puntos

A tempada en primeira autonómica afronta xa o seu desenlace polo que cada partido amósase máis importante. Neste caso, o equipo de Fiz tentará acadar os tres puntos na súa visita ao campo do Folgueiro para distanciar un pouco máis ao equipo mariñán e ir consolidando, deste xeito, a súa permanencia na categoría. O equipo da Pastoriza ocupa a sexta praza con 29 puntos mentres que o Folgueiro ocupa a 16ª, con 20 puntos. Unha victoria visitante sentenciaría un pouco máis a sorte do equipo da Mariña que comezaría a ver como se lle escapa o tren da salvación.

Deste xeito, podemos dicir que o partido cobra unha especial importancia para o equipo local polo que o Pastoricense afrontará o partido sabendo que o gran necesitado é o Folgueiro e é o que ten que arriscar para sumar de tres en tres.

Se queres consultar o resto da xornada pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario