Como diciamos o venres o partido xogado onte entre o Folgueiro e a U.D. Pastoricense mostrábase moi importante para os dous encontros, pero aínda máis se cabe para o conxunto mariñán que de non sumar vería como o tren da salvación se lle alonxaba unha parada máis. O cadro dirixido por Fiz impúxose nun partido cómodo por 1-4, a pesar de que no minuto 2 perdía xa por 1-0 tras pitar o colexiado un penalty inexistente de Cami ao dianteiro local.
Pero uns minutos máis tarde, un xogador do Folgueiro paraba o balón coa man na liña de gol polo que o colexiado pitaba penalty e expulsión do mesmo. Martín sería o encargado de lanzalo pero non o transformaría en gol. A pesar do erro, o cadro visitante seguiu atacando e antes do descanso xa gañaba por 1-2 con goles de Farra e Andrés.
O segundo tempo, o cadro local tentou apretar con balóns colgados e pasando a xogar con defensa de tres pero dous contragolpes do cadro visitante, a cargo de Iván e Diego Castro, puxeron o definitivo 1-4 no marcador.
Por parte do Pastoricense xogaron: Josiño, Álex, Cami, Iago, Juanma, Martín, Iván, Mel, Andrés, Diego e Farra. Tamén xogaron: Iñaki, Carlos, Diego Castro, Jose e Peña.
O Pastoricense queda así na cuarta posición con 32 puntos, a tan só tres do segundo posto ocupado polo Lourenzá, e ve cada vez máis lonxe os postos de descenso a segunda rexional. Na vindeira xornada, o cadro chairego recibirá ao Riotorto, nun derbi que se presenta como apaixoante e no que a U.D. tentará acadar os tres puntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario