O Pastoricense volveu un ano maís a caer apeado da Copa Diputación nas primeiras eliminatorias. Desta vez, o verdugo foi o Folgueiro que tras chegar ao final do encontro con empate a un gol foi máis efectivo dende o punto de penalti impoñéndose por 4-2. O encontro tivo dúas partes diferenciadas, nunha primeira onde o Folgueiro despregou un xogo combinativo e onde chegou ao descando por 0-1 e unha segunda metade onde o Pastoricense se volvou na meta do equipo mariñán dispoñendo de ocasións para non ter que chegar á tanda de penas máximas. O gol do Pastoricense foi obra de Martín.
Por parte do Pastoricense xogaron: Reina, Álex, Carlos, Cami, José Ángel, Mel, Penelas, Iñaki, Martín, Raúl e Farra. Tamén interviron: Andrés, Iván, Diego e Diego Castro.
Con esta derrota o Pastoricense pon punto final á tempada máis exitosa da súa historia onde acadou, despois de ascender, un terceiro posto na Primeira Autonómica, pelexando ata os últimos partidos polas prazas de ascenso e demostrando que con traballo e sacrificio se pode competir con outros equipos, quedando incluso por encima deles, feitos a base de cartos.
Dende este rincón queremos dar a noraboa a todos os xogadores que compoñen o plantel, ao equipo xuvenil, á directiva, á afección e tamén, como non, a Fiz, a alma mater deste proxecto.
Agora, a U.D. está a traballar na confección do plantel da vindeira tempada na que estarán a maioría dos xogadores da actual, os xuvenís que se pasan de idade e algunha outra incorporación que faga mais forte este grupo formidábel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario