jueves, 19 de mayo de 2011

O Pastoricese agarda rival na vindeira rolda da Copa tras superar ao Valadouro nos penaltis

A U.D. Pastoricense pasou a primeira rolda da Copa Diputación 2011 tras superar como visitante ao Valadouro no lanzamento dende o punto de penalti. Ao remate dos 90 minutos, o encontro reflexaba un empate a dous goles no marcador. Este fin de semana, o cadro da Pastoriza coñecerá o seu rival na seguinte rolda que sairá do enfrontamento entre Folgueiro e Brollón.

O partido púxose de cara para o equipo dirixido por Fiz ao pouco de comezar cun gol de Iñaki pero os xogadores da mariña lucense logo acadaron nivelar a contenda de novo. Outra vez Iñaki facía o 1-2 pero pouco antes do final, de novo volvíanse por as cousas como ao comezo dos 90 minutos. O punto de penalti ía ser o que decidira que equipo pasaba de rolda. E ata aí a cousa estivo igualada pois precisáronse 9 lanzamentos de cada equipo para que o Pastoricense se proclamara vencedor da contenda.

No partido, a U.D. Pastoricense saltou ao terreo de xogo coa seguinte alineación: Josiño, José Ángel, Carlos, Iago, Juanma, Penelas, Mel, Raúl, Iñaki, Diego e Farra. Tamén interviron: Iván, Álex, Jose e Martín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario