Logo do empate acadado pola U.D. Pastoricense ante o Riotorto na fin de semana pasada, o vindeiro domingo visitará o campo municipal do Acebreiro o Taboada, outro equipo recén ascendido á primeira autonómica.
A espensas do que aconteza no adestramento de hoxe dos homes de Fiz Rodríguez, a U.D. Pastoricense non sufriu baixas do partido anterior e espérase que recupere a Diego, aqueixado dunhas molestias nun xemelgo, e Andrés, que sufriu un golpe no adestramento do venres pasado e que lle impediu estar ás ordes do adestrador no campo da Veiga, o pasado domingo. Aínda así, Fiz seguirá a contar coas baixas por lesión de Peña, Santi e Iñaki.
O Taboada que conta con xogadores de remarcado renome como o caso de Guerreiro, dianteiro goleador que militou en diversos equipos lucenses de terceira e preferente, conta con 9 puntos e sitúase no terceiro lugar da clasificación despois de catro xornadas disputadas. Tralo seu tropezo na xornada 1 ante o Ribadeo, o equipo do sur lucense non coñece a derrota e encadeou tres victorias consecutivas, a última ante o Valadouro por 2 goles a 0.

Plantilla U.D. Pastoricense 2010-2011
martes, 28 de septiembre de 2010
Pastoricense- Taboada
Etiquetas:
Pastoricense,
Taboada
O Pastoricense fai un partido de aprobado en Riotorto
Este fin de semana pasado a U.D. Pastoricese xogou o derbi local contra o Riotorto, un equipo que leva máis de 20 anos militando en primeira rexional e que se caracterizou sempre por contar con xogadores de recoñecido prestixio e renome. Como xa sabedes, a U.D. Pastoricense é un equipo recén ascendido e que contou nun 90 % co plantel da temporada anterior. Un clube que non paga aos seus xogadores e que se caracteriza, dende fai uns anos, por un bo ambiente no vestiario e fóra del.
O partido contou coas seguintes alineaciós:
Riotorto: Cupeiro, Martín, Jesús Pablo, Suso Murado, Lourido, Jose, Juan Carlos, Venancio, Cristian, Michu e Lombardero. Tamén xogou Antonio.
U.D. Pastoricense: Rumbera, Alex, Cami, Iago, Juanma, Mel, Carlos, Fontela, Martín, Raúl e Farra. Tamén xogaron: Iván, Iván Seco e Diego Castro.
Goles: 1-0 Jesús Pablo. 1-1 Martín.
O partido foi bastante aburrido en canto a ocasións, cecáis polo morbo xerado nas anteriores semanas en torno a el polo que se crearon bastantes espectativas. O Riotorto contaba con diversas baixas que lle dificultaron ao adestrador confeccionr un once competitivo, até o punto que o central Suso Murado xogou de titular sen adestrar nunca cos seus compañeiros. O Pastoricense tamén contaba con ata 4 baixas por lesíon, pero ao contar cun plantel con maior número de xogadores posibilitou sacar ao campo un once compensado e contar no banquillo con cinco xogadores máis.
Cabe destacar neste encotro, o gol marcado por Martín de falta directa. Este xogador, que procede do equipo xuvenil, está realizando bos partidos dende o comezo da liga o que demostran que a aposta pola canteira debe ser un dos obxectivos deste equipos modestos.
Na clasificación en primeira autonómica o Pastoricense sitúase sétimo con 6 puntos e sen coñecer a derrota mentres que o Riotorto suma así 4 puntos, logo da victoria acadada na anterior xornada no campo do Valadouro.

Riotorto
lunes, 27 de septiembre de 2010
Benvid@s
Este blog vai tratar acerca do equipo de fútbol U.D. Pastoricense, un clube deportivo do concello lucense da Pastoriza, e no que se vai dar conta da información do mesmo. Resultados, clasificacións, fichaxes, baixas... fotografías. Todo aquelo que sexa importante e que os afeccionados queiran coñecer de primeira man. Esperemos que toda a información que aquí aparece sexa do voso agrado. Tamén quero solicitar a vosa participación para facer deste rincón futboleiro un sitio ameno e interactivo.
Etiquetas:
Benvidos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)