martes, 28 de septiembre de 2010

Pastoricense- Taboada

Logo do empate acadado pola U.D. Pastoricense ante o Riotorto na fin de semana pasada, o vindeiro domingo visitará o campo municipal do Acebreiro o Taboada, outro equipo recén ascendido á primeira autonómica.

A espensas do que aconteza no adestramento de hoxe dos homes de Fiz Rodríguez, a  U.D. Pastoricense non sufriu baixas do partido anterior e espérase que recupere a Diego, aqueixado dunhas molestias nun xemelgo, e Andrés, que sufriu un golpe no adestramento do venres pasado e que lle impediu estar ás ordes do adestrador no campo da Veiga, o pasado domingo. Aínda así, Fiz seguirá a contar coas baixas por lesión de Peña, Santi e Iñaki.

O Taboada que conta con xogadores de remarcado renome como o caso de Guerreiro, dianteiro goleador que militou en diversos equipos lucenses de terceira e preferente, conta con 9 puntos e sitúase no terceiro lugar da clasificación despois de catro xornadas disputadas. Tralo seu tropezo na xornada 1 ante o Ribadeo, o equipo do sur lucense non coñece a derrota e encadeou tres victorias consecutivas, a última ante o Valadouro por 2 goles a 0.

No hay comentarios:

Publicar un comentario