martes, 28 de septiembre de 2010

O Pastoricense fai un partido de aprobado en Riotorto

Este fin de semana pasado a U.D. Pastoricese xogou o derbi local contra o Riotorto, un equipo que leva máis de 20 anos militando en primeira rexional e que se caracterizou sempre por contar con xogadores de recoñecido prestixio e renome. Como xa sabedes, a U.D. Pastoricense é un equipo recén ascendido e que contou nun 90  % co plantel da temporada anterior. Un clube que non paga aos seus xogadores e que se caracteriza, dende fai uns anos, por un bo ambiente no vestiario e fóra del.

O partido contou coas seguintes alineaciós:
Riotorto: Cupeiro, Martín, Jesús Pablo, Suso Murado, Lourido, Jose, Juan Carlos, Venancio, Cristian, Michu e Lombardero. Tamén xogou Antonio.
U.D. Pastoricense: Rumbera, Alex, Cami, Iago, Juanma, Mel, Carlos, Fontela, Martín, Raúl e Farra. Tamén xogaron: Iván, Iván Seco e Diego Castro.

Goles: 1-0 Jesús Pablo. 1-1 Martín.

O partido foi bastante aburrido en canto a ocasións, cecáis polo morbo xerado nas anteriores semanas en torno a el polo que se crearon bastantes espectativas. O Riotorto contaba con diversas baixas que lle dificultaron ao adestrador confeccionr un once competitivo, até o punto que o central Suso Murado xogou de titular sen adestrar nunca cos seus compañeiros. O Pastoricense tamén contaba con ata 4 baixas por lesíon, pero ao contar cun plantel con maior número de xogadores posibilitou sacar ao campo un once compensado e contar no banquillo con cinco xogadores máis.

Cabe destacar neste encotro, o gol marcado por Martín de falta directa. Este xogador, que procede do equipo xuvenil, está realizando bos partidos dende o comezo da liga o que demostran que a aposta pola canteira debe ser un dos obxectivos deste equipos modestos.

Na clasificación en primeira autonómica o Pastoricense sitúase sétimo con 6 puntos e sen coñecer a derrota mentres que o Riotorto suma así 4 puntos, logo da victoria acadada na anterior xornada no campo do Valadouro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario