Este fin de semana a Liga Autonómica Xuvenil terá un derbi dos que a todos os xogadores lles gusta disputar, e que enfrontará á U.D. Pastoricense contra o Pol. A pesar de ser un partido no que os pupilos de Raúl visitaran o campo do Pol produciuse un cambio de campo e o encontro terá lugar o vindeiro sábado no campo municipal do Acebreiro ás 16.30 horas.
A U.D. Pastoricense chega a este partido coas pilas cargadas despois da recente goleada ao Ribadeo por 8-0, nun partido de claro dominio local e no que destacou o hat trick de Iván Seco. Con estes tres puntos o equipo de Raúl sitúase terceiro na clasificación con dúas victorias e un empate. Pola súa banda, o Pol chegará a Pastoriza con 0 puntos, despois da disputa dos tres primeiros partidos e cunha bagaxe de 10 goles en contra e dous a favor. Para ver a clasificación completa pincha aquí.
O resto da xornda terá os seguintes enfrontamentos.
No partido ante o Pol, o equipo pastoricense recuperará ao seu porteiro Reina, despois da ausencia por motivos personais no anterior encontro, onde un xogador de campo, Dani, tivo que facer as veces de gardamallas. Outra nota destacada será a U.D. Pastoricense contará tamén con Fernando, recente incorporación, e que chega ao equipo da Pastoriza procedente do Pol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario