A U.D. Pastoricense visita este fin de semana o campo do Cabreiros, un vello coñecido da afección pastoricense tras os diversos enfrontamentos que mantiveron en segunda rexional en anteriores tempadas. Os xogadores de Fiz tentarán seguir coa liña ascendente comezada no anterior encontro ante o Lourenzá e sumar algo positivo na súa visita ao cocnello de Xermade. O encontro terá lugar o domingo ás 16.00 horas.
Para o encontro, a U.D. non poderá contar cos lesionados Santi, Raúl, Peña, Iñaki e Rafa nin co sancionado Iago, que viu a quinta amarilla no encontro ante o Lourenzá. Asemesmo, o gardamallas Ivo, que chegara procedente do Racing Vilalbés decidiu non continuar no equipo. A pesar destas sete baixas, Fiz poderá dispor dunha alineación de garantías para o partido do domingo.
O Cabreiros estase a mostrar un equipo fiábel neste comezo de temporada, onde suma 12 puntos ocupando o cuarto lugar. Como local, acadou dúas victorias ante Bóveda e Escairón e unha derrota contundente ante o Ribadeo por 0-3. Onde mellores números esta a mostrar o equipo xermadense é cando actúa como visitante onde non coñece a derrota e saca algo positivo en todos os campos. Na última xornada, acadou un empate sen goles no campo do Valadouro.
No apartado goleador, o Cabreiros móstrase como un equipo sen moita capacidade goleadora pero tamén como un equipo ao que é difícil marcarlle. En total, conta con 8 goles a favor e 7 en contra o que da mostra da rendabilidade que quita á súa capacidade ofensiva. De feito, todas as victorias acadadas por este equipo foron pola mínima.
A U.D. Pastoricense mostra uns números similares con 10 goles a favor e 9 en contra polo que o encontro plantéxase como un duro duelo entre dous equipos serios en defensa. Por este motivo, agárdase que teña moita importancia para acadar a victoria ser o primeiro en adiantarse no marcador. Agardemos, pois, que sexa a U.D. Pastoricense a que acade un resultado positivo neste sempre difícil campo.
O resto da xornada podedes consultalo pinchando aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario