martes, 5 de octubre de 2010

Empate ante o Taboada

O Pastoricense empatou este fin de semana ante o Taboada, un equipo que chegaba nun estado de forma excelente ao municipal do Acebreiro. A escadra pastoricense sitúase como o único equipo que non coñece a derrota en Primeira Autonómica, logo da derrota do Burela ante o Calasancio, outro equipo recén ascendido. As alineacións dos equipos foron as seguintes:

U.D. Pastoricense: Ivo, Alex, Iago, Cami, Juanma, Mel, Fontela, Raúl (Martín), Iván(Carlos), Andrés e Farra.

Taboada: Roi, Miguel, Gay, Alberto, Mejuto, Andrés, Marcos, Poyán, Iván, Besteiro e Guerreiro. Tamén xogaron Moscoso, Conde, Ceás e Rojo.

Goles: 0-1 Guerreiro. 1-1 Iago de penalti.

A U.D. Pastoricense xoga este fin de semana no campo do Bóveda. Fiz tentará recuperar a algún dos lesionados na pasada xornada e contará coa baixa novamente de Raúl, que recaeu da súa rotura fibrilar na perna esquerda. A clasificación, despois da disputa de seis xornadas queda do seguinte xeito.

 http://www.icompeticion.com/ic/1/1/820/index.asp

No hay comentarios:

Publicar un comentario