O equipo xuvenil da U.D. Pastoricense disputou o fin de semana pasado o seu segundo partido na categoría acadando un empate a ceros no sempre difícil campo do Lourenzá. Os pupilos de Raúl Sanjurjo suman así catro puntos, logo da victoria ante o Foz no primeiro partido de liga por 3-1 (goles de Iván, Diego e David). As alineacións na última xornada foron as seguintes:
Lourenzá: Piteiro, Pulpeiro, Roy, Martín, Dario, Adil, Jorge, Dani, Imad, Álvaro e Diego. Tamén xogaron Iván e Esteban.
U.D. Pastoricense: Reina, Pirata, Iago, Diego, Aníbal, Martín, Javi, Canuto, Manuel, Iván e Jonny. Tamén xogaron: Javi II, Guti, Simón e Iván II.
A priori, segundo indicaban os medios, Lourenzá e Foz eran serios candidatos ao ascenso pero polo demostrado nestes partidos a cousa vai estar bastante igualada. A U.D. Pastoricense continúa no proceso de adaptación logo de que oito xogadores pasaran de categoría. Este ano contan cun equipo moi renovado, con xogadores moi novos e que polo momento se están adaptando pero que xa demostraron que poden estar a un moi bo nivel durante toda a temporada.
O Pastoricense atópase así na sexta posición con catro puntos, a tan só dous do Sagrado Corazón e Cospeito, que contan os seus partidos por victorias. Na vindeira xornada, o Pastoricense recibirá no campo municipal do Acebreiro ao Ribadeo, o pechacancelas da categoría que aínda non sumou ningún punto e que nesta xornada foi goleado polo líder da categoría, o Sagrado, por 1-8.
No hay comentarios:
Publicar un comentario