domingo, 31 de octubre de 2010

Empate sen goles entre Pastoricense e Ribadeo

A U.D. Pastoricense colleitou un resultado positivo ante o todopoderoso Ribadeo ao empatar sen goles no partido disputado no día de hoxe. Ao longo dos 90 minutos as ocasións foron escasas por parte dos dous equipos e o reparto de puntos amósase como o resultado máis xusto respondendo ao fútbol despregado por parte das dúas escadras. Cabe destacar a boa afluenfia de público ao estadio do Acebreiro nunha tarde chuviosa pero cunha temperatura agradábel.



O Ribadeo, un dos equipos máis fortes da categoría a tenor dos fichaxes realizados, non foi quen de poñer en apuros a unha defensa pastoricense que se motrous moi segura ao longo dos 90 minutos. Unha ocasión de Diego no primeiro tempo, para o Pastoricense, e outra de Óscar Pol na que se luciu o gardamallas Rumbera, para o Ribadeo, foron as dúas únicas oportunidades de gol.

Polo Pastoricense xogaron:
Rumbera, Carlos, Cami, Iago, Juanma, Fontela, Penelas, Mel, Martín, Diego e Farra. Tamén interviron: Iván, Andrés, Diego Castro, José Ángel e Jose.

No hay comentarios:

Publicar un comentario