O partido do domingo fronte ao Ribadeo serviu para demostrar que a U.D. Pastoricense é un equipo difícil de batir, cun traballo encomiábel ao longo dos 90 minutos, cun gran ambiente de compañeirismo entre os seus xogadores e cunha boa dirección dende o banquillo por parte de Fiz.
A pesar das baixas que presentaba o equipo con xogadores moi importantes como Raúl e Iñaki o equipo da Pastoriza presentouse ante o Ribadeo cun once disposto a dar batalla ao longo dos 90 minutos. O equipo mariñán chegaba ao municipal do Acebreiro coñecedor da victoria do Burela, segundo clasificado, polo que vía imprescindíbel acadar a victoria. Pero a solidez defensiva do Pastoricense, capitaneada por Iago e acompañada por Cami, Juanma e Carlos fixeron que os homes de Vilachá naufragaran no seu desexo de perforar a portería defendida por Rumbera.
Ao final, reparto de puntos e de ocasións para os dous equipos. Con estes resultados o Pastoricense atópase na sexta posición, con 14 puntos, empatado co Taboada equipo que o precede na clasificación. A nota positiva é que mantén un colchón de seis puntos co Folgueiro, equipo que se atopa no antepenúltimo lugar en posición de descenso. Aínda así agárdase que os arrastres fagan que descendan até cinco equipos deste grupo de primeira rexional polo que non vai ser suficiente evitar os tres últimos postos.
Na vindeira xornada o equipo de Fiz visita o sempre difícil campo do Ferreira de Pantón tentando mater esta liña de resultados e traer algo positivo do sur de Lugo. Para este encontro, Raúl parece que estará a disposición do adestrador. O resto de xogadores lesionados, Santi, Iñaki e Peña, parece que non poderán estar na convocatoria. Álex, sancionado nesta xornada, tamén poderá estar no once, se o míster o considera oportuno.
Para ver a clasificación e o resto da xornada podes pinchar aqui ou no menú que aparece na parte superior do blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario