viernes, 8 de octubre de 2010

Visita ao difícil campo do Bóveda

A U.D. Pastoricense afronta este fin de semana un partido complicado coa visita ao campo do Bóveda CF, un clube fundado no 1996 e que leva colleitando éxitos importantes nos últimos anos. Hai que lembrar que na anterior temporada chegou a disputar unha promoción de ascenso a preferente contrao e equipo compostelán do Grixoa e da que saiu derrotado. No ano 2009 o Bóveda acadou o ascenso de Segunda Autonómica e proclamouse campión da Copa Diputación, o que dan conta da calidade e o traballo ben feito por parte deste clube.

Na actualidade, logo de disputárense 5 partidos, o Bóveda ocupa a duodécima posición con seis puntos, e suma dúas victorias e tres derrotas. Na última xornada, o equipo do sur da provincia colleitou unha derrota no campo do Valadouro por 2-0. Á vista dos seus datos, móstrase como un equipo que está a ter dificultades de cara ao gol, pois en cinco xornadas só foi capaz de marcar 3 goles, dato que os sitúa como dos equipos menos goleadores. A pesar diso, o Bóveda móstrase como un equipo moi forte no seu feudo onde gañou os dous partidos disputados, ante o Ribadeo e o Escairón, ambos polo mesmo resultado de 1-0.

O Pastoricense, pola súa banda, viaxa ao campo do Bóveda coa mentalidade posta en continuar coa súa imbatibilidade na categoría e co claro obxectivo de rendablizar o seu desprazamento. Fiz contará coas baixas de Santi, Peña, Rafa, Raúl e Iñaki, baixas moi importantes para o equipo da Pastoriza pero que non van imposibilitar que o entrenador pastoricense presente un once de garantías. A U.D. móstrase como un equipo solvente cando actúa como visitante xa que na presente temporada foi quen de gañar na súa visita á Milagrosa por 2-3 e acadou un xusto empate no municipal da Veiga, fronte ao Riotorto por 1-1.

O resto da xornada contará cos seguintes enfrontamentos:


No hay comentarios:

Publicar un comentario