jueves, 7 de octubre de 2010

Loubanzas á U.D. Pastoricense

Revisando a prensa deportiva atopamos no diario El Progreso, na súa edición da mariña de onte, o análise da xornada de primeira autonómica. Resulta gratificante o traballo dos redactores de deportes de El Progreso na edición da Mariña, falando durante a semana dos equipos da zona, entrevistanto adestradores, con artigos de opinión... A miña pregunta é a seguinte: acaso na Chaira non poderiamos facer algo así? Todos sabemos que os deportes é algo que le moito a xente, e é un dos activos da prensa local, xunto coa información de proximidade e as esquelas... Que ninguén pense que un cidadán que quere coñecer o que pasa na economía mundial vai coller El Progreso. Por iso dende aquí quero mandar a petición á delegación da Terra Chá de El Progreso para que lle adique medios e atención ao deporte chairego. A ver se nos fan caso.

Centrándome xa na cuestión do artigo, José Manuel Teijeiro, ex porteiro de multitude de equipos en preferente e terceira división e adestrador tamén do Xove Lago, co que acadou o ascenso a preferente, fai unha análise cada semana da primeira autonómica. Nela fala dos equipos da mariña e tamén deixou un oco para o Pastoricense, destacando a súa labor na recente estrenada categoría e, sobre todo, o feito de ser o único equipo invicto da mesma. Déixovos o link, do pdf do xornal por si vos interesa. Está na páxina 12.

No hay comentarios:

Publicar un comentario