jueves, 4 de noviembre de 2010

O equipo xuvenil tentará asaltar o liderado ante o Sagrado Corazón

Os afecionados ao fútbol de base poderán gozar este fin de semana dun dos partidos máis apaixoantes que se poden ver na liga provincial de xuvenís. Trátase do partido que enfrontará ao líder, o Sagrado Corazón, contra o segundo, a U.D. Pastoricesen. Dous puntos separan aos dous equipos invictos da categoría.

Na pasada xornada, a U.D. Pastoricense venceu sen excesivas complicacións ao Cospeito por 3-1 mentres que o Sagrado Corazón fixo o propio ante o Xove Lago por 1-2. O encontro terá lugar o vindeiro sábado ás 16.00 horas no campo das Gándaras.

Para este partido, Raúl poderá contar con Manuel, tras a sanción dun partido, e contará até a última hora coa dúbida de Diego Pirata, aqueixado dunha inflamción dos ligamentos do tobillo, que xa lle impediu estar a disposición do míster ante o Cospeito. Quen non poderá estar a disposición do adetrador será Dani, seleccionado para correo o campionato galego de Karting que se disputará na pista do Acebreiro.

O resto da xornada podes consultalo pinchando aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario