lunes, 15 de noviembre de 2010

O Pastoricense alcanza a cuarta praza ao vencer ao Escairón por 1-0

A U.D. Pastoricense continúa dando alegrías á súa afección. Desta vez, a victoria tivo lugar nos últimos minutos ante o Escairón por 1-0, un gol de Farra tras coller o rechace dun penalti claro, cometido sobre Santi. O dominio local foi claro en todo o partido, con ocasións erradas ante a portería de Gallardo, mellor xogador do equipo visitante onte sobre o céspede.

As ocasións repetíanse pero o Pastoricense non era quen de materializalas. Xa na primeira metade, David enviou un balón ao poste tras unha boa xogada de Diego. No segundo tempo Farra, Diego e Martín dispuxeron de boas ocasións para adiantar aos locais pero o balón non quería entrar. A uns minutos do final, un bo pase de Iván a Santi deixábao só diante o porteiro pero o defensa rival derribouno dentro da área e o colexiado sinalou a pena máxima. Iago facía un bo lanzamento pero o meta Gallardo adiviñou o lado e atopouse co esférico deixándoo morto dentro da área pequena, ocasión que aproveitou o pichichi local Farra para facer o merecidísimo 1-0.

Por parte do Pastoricense xogaron: Rumbera, Alex, Cami, Iago, Juanma, Fontela (Martín), Carlos, Penelas (Andrés), Diego (Santi), Iván e Farra(Diego Castro).

Escairón: Gallardo, Varela, Diego, Cándido, Cidre, José Antonio, Aitor, Máikel, Dennis, Mario e Fabio. Tamén xogaron: Miguel, Félix e Roberto.

O Pastoricense, con esta victoria, sitúase cuarto na clasificación con 18 puntos e afronta con tranquilidade o vindeiro partido, coa visita ao campo do Valadouro, un equipo que precisa gañar para saír dos postos de perigo.

Para ver o resto da xornada pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario