jueves, 18 de noviembre de 2010

O equipo xuvenil recibe ao Iberia co obxectivo de sumar tres puntos máis

A U.D. Pastoricense xuvenil recibe este sábado ás 16.15 horas da tarde no campo municipal do Acebreiro ao Iberia, un equipo que chegará á Pastoriza coa moral polas nubes trala victoria pola mínima ante o até daquela invicto Sagrado Corazón. O equipo que dirixe Raúl tentará sumar so tres puntos para continuar na segunda praza á espera dun posíbel erro do Sagrado que recibe ao Sporting Pontenova.

O adestrador pastoricense contará con todo o seu plantel para enfrontarse ao equipo de San Miguel de Reinante e sumar así unha victoria que lles permita seguir coa boa traxectoria desta tempada. Para ver o resto da xornada pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario