A U.D. Pastoricense xoga este domingo ante o Valadouro, no cambio deste último, ás 16.15 horas. O partido preséntase emocionante e o equipo que dirixe Fiz buscará continuar coa boa racha e acadar un resultado positivo que o manteña nas posicións altas da táboa.
O Valadouro ocupa a antepenúltima posición, con 9 puntos, trala goleada recibida na última xornada no campo do Brollón. O equipo da mariña lucense suma dúas vitorias, catro empate e cinco derrota cun bagaxe goleador de 6 goles a favor e 14 en contra. Pódese destacar a pouca eficacia goleadora deste conxunto así como tamén a súa boa defensa que é un dos factores polo que se mantén na pelexa da permanencia en 1ª autonómica.
Fiz poderá contar con todo o plantel ao seu dispor a excepción de Raúl, Iñaki e Jose e contará coa dúbida até última hora de Iago aqueixado dunhas molestias do partido anterior. O adestrador Pastoricense recupera a Mel, baixa por sanción contra o Escairón.
Para consultar o resto da xornada pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario