lunes, 8 de noviembre de 2010

O Pastoricense sitúase sétimo na clasificación a tan só un punto do cuarto

A U.D. Pastoricense parece que se está a asentar na categoría e trala disputa de dez xornadas sitúase sétimo na clasificación, con quince puntos, empatado co sexto e co quinto, e a tan só un punto do Bóveda, que ocupa o cuarto lugar.

O traballo feito polos xogadores de Fiz da como balance tres victorias (Milagrosa, Lourenzá e Cabreiros), seis empates (Burela, Taboada, Riotorto, Ribadeo, Ferreira e Folgueiro) e unha derrota, a colleitada ante o Bóveda. En canto aos números estatísiticos referente a goles o equipo da Pastoriza ocupa o quinto lugar en canto aos menos goleados, con 12 tantos. Na faceta goleadora, con 14 tantos, sitúase na oitava posición.

Agardamos que estes números que se van plantexando cando se está a punto de cubrir un tercio de liga se manteñan a finais da mesma e o Pastoricense poda manter a cateogoría sen pasar apuros, como parece que todo indica até o momento.

O Pastoricense buscará ante o Escairón un resultado positivo que o manteña na metade alta da táboa o vindeiro domingo no campo do Acebreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario