domingo, 7 de noviembre de 2010

A U.D. Pastoricense acada un punto valioso no campo do Ferreira

A U.D. Pastoricense continúa coa súa boa racha e acadou un novo punto na súa visita ao difícil campo do Ferreira. A pesar de que os locais se puxeron por diante, o equipo da Pastoriza nunca perdeu a cara e conseguiu igualar de novo a contenda e acadar un xusto reparte de puntos, a tenor do que se viu dentro do terreo de xogo ao longo dos 90 minutos.

Polo Pastoricense xogaron: Rumbera, Carlos, Cami, Iago, Juanma, Diego Castro, Mel, Penelas, Andrés, Iván e Farra. Tamén interviron: Fontela, Martín, Diego, Álex e Santi. O gol do Pastoricense foi obra dun xogador do Ferreira en propia porta.

O Pastoricense suma así 15 puntos á espera de coñecer o resto de resultados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario