A U.D. Pastoricense venceu no partido de onte ao Santaballés por un claro 2-0, goles de Farra, e despide o ano na sexta posición. Cando queda un partido para acabar a primeira volta o equipo que dirixe Fiz acada un sobresaliente tendo en conta que é a primeira tempada en primeira autonómica. Hai que destacar ademais que o equipo está recuperando a dous xogadores moi importantes como Iñaki e Raúl e que por diversas lesións non puideron estar na meirande parte desta primeira volta.
Onte produciuse ademais o debut dun dos capitáns do equipo, como é Peña, que até o de agora debido a unha lesión no pubis non puidera estar ás ordes do adestrador. Con este debut, todos os xogadores do Pastoricense dispuxeron de minutos nalgún encontro da tempada.
O partido de onte foi de claro dominio local cun gol nos primeiros minutos pero que até ben chegado o final do mesmo non foi quen de sentenciar co 2-0. O Santaballés visitou o campo do Acebreiro coa idea de meterse atrás e esperar o rival pero o gol tan tempraneiro impediulles seguir con esa idea durante todo o encontro.
Por parte do Pastoricense xogaron: Rumbera, Diego Castro, Iago, Cami, Juanma, Penelas, Mel, Iñaki, Andrés, Martín e Farra. Tamén interviron: Raúl, Diego, Álex, Iván e Peña.
O Pastoricense queda así ao remate do 2010 na sexta posición con 25 puntos, a tan só tres do segundo posto que ocupa o Lourenzá. Para ver a clasificación pincha no menú que hai na cabeceira da páxina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario