A U.D. Pastoricense gañou por 0-2 ante o Calasancio na última xornada disputada da primeira volta que tivo lugar o pasado domingo en Monforte de Lemos. O equipo dirixido por Fiz mostrouse moi serio en defensa durante todo o encontro e aproveitando ben as súas ocasións. Martín, cun gol de penalti e outro nunha espléndida volea, foi o bigoleador do encontro e un dos homes máis destacados.
O equipo da Pastoriza xa chegaba ao descanso con esta ventaxa, aínda que na segunda parte dispuxo de ocasións para aumentar a súa ventaxa. Pola súa banda, o Calasancio fixo un bo partido pero mostrouse totalmente inoperante de cara a portería, poñendo en moi poucos apuros ao cancerbeiro visitante, Rumbera.
Por parte da U.D. xogaron: Rumbera, Álex, Cami, Iago, Juanma, Mel, Iván, Diego, Martín, Iñaki e Farra. Tamén interviron: Raúl, Diego Castro, Andrés, Iván Seco e Peña.
Con esta victoria, a U.D. sítúase na quinta posición con 28 puntos e a tan só dous puntos do segundo clasificado, o Burela, equipo que visita o Pastoricense o vindeiro domingo. De gañar o encontro, o equipo dirixido por Fiz podería rematar a xornada en postos de ascenso a preferente, o que da conta da excelente tempada que está a realizar o cadro chairego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario