A U.D. Pastoricense continúa coa boa racha coa que rematou o ano 2010. Logo da victoria no campo do Calasancio, na primeira xornada do ano, onte foi quen de empatar a 0 ante o Burela, segundo clasificado de Primeira Autonómica. Un partido no que o resultado foi xusto e no que os afeccionados disfrutaron cun partido con continuas idas e voltas. Hai que destacar que o Burela estrelou un balón no pau no lanzamento dunha pena máxima.
Unha vez rematada a primeira volta, e coa disputa xa da primeira xornada da segunda, podemos destacar do equipo dirixido por Fiz a súa solidez defensiva, situándose como o segundo equipo menos goleado por detrás do Chantada, 15 e 13 goles respectivamente. Un cadro, o pastoricense, onde todos os xogadores son tan importantes como os que están ao lado, un equipo que o da todo dende o minuto 1 ao 90, que nunca da un balón por perdido, e que non deixa de mirar de reollo o seu obxectivo: a permanencia. Un equipo xenialmente dirixido por Fiz e que conta con xogadores que ante todo defenden o escudo co que cada domingo saltan ao campo.
No partido de onte o equipo pastoricense estivo formado por: Rumbera, Álex, Iago, Cami, Juanma, Mel, Penelas, Diego Castro, Raúl, Iñaki e Farra. Tamén xogaron: Iván, Diego, Santi e Andrés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario