viernes, 14 de enero de 2011

O equipo xuvenil recibe ao Burela coa mente posta no liderato

O Pastoricense xuvenil está realizando unha tempada excepcional. Un grupo de rapaces da Pastoriza, comprometido co clube, e que cada fin de semana salta ao campo a xogar ao fútbol e a pasalo ben e que, neste ano, está colleitando moi bos resultados. Se a semana pasada, no seu partido aprazado, non foi quen de marcar o gol que lle dera os tres puntos e o liderado, esta semana tentará de novo o asalto á primeira praza. Non é unha acción doada pois depende de que sume os tres puntos ante o Burela, cuarto clasificado, e que o Foz, líder provisional, non venza na súa visita ao campo da Fonte, en Cospeito.

Para o encontro deste sábado ás 16.00 no campo do Acebreiro Raúl poderá contar con todos os seus homes a excepción de Joni, sancionado. Para ver o resto da xornada pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario