martes, 8 de febrero de 2011

O Pastoricense cae en Taboada no peor partido da tempada

O pasado domingo os afeccionados que se trasladaron co equipo a Taboada puideron presenzar o peor partido do Pastoricense no que vai de tempada. Un encontro no que ningún xogador do equipo visitante xogou no seu nivel habitual e que o resultado da conta deste aspecto: 2-0. Dende o minuto 1 ao 90 o equipo dirixido por Fiz viuse superado polo equipo local que incluso mandou dous balóns aos paus, un deles acabaría no primeiro gol, case ao borde do descanso.

Ao comezo da segunda parte unha xenialidade de Guerreiro no saque dunha falta poñía o 2-0 no marcador, un resultado que xa se vía difícil de remontar, máis polas sensacións que transmitía o equipo pastoricense que polo tempo que quedaba, pois faltaba máis de media hora de xogo. Aínda así o Pastoricense tirou un pouco de orgullo que lle permitiu gozar de dous man a man co porteiro local, un dos destacados do encontro, pero que non conseguiron materializar nin Martín, balón á cruceta, nin Farra que estrelou o balón no cancerbeiro.

O Taboada dispuxo de máis ocasións para aumentar a ventaxa pero con este resultado chegaríase ao final do encontro. O Pastoricense ocupa así a quinta praza, a dous puntos do segundo clasificado, o Burela.

Por parte do Pastoricense xogaron: Rumbera, Diego Castro, Iago, Carlos, Álex, Mel, Penelas, Raúl, Iñaki, Andrés e Farra. Tamén interviron: Martín, Iván, Diego e Xose.

No hay comentarios:

Publicar un comentario