O Pastoricense xuvenil ten a priori este fin de semana a saída máis doada da tempada na súa visita ao campo do colista, o Ribadeo, que aínda non sumou ningún punto nos catorce partidos disputados até o día de hoxe. Neste encontro, os pupilos de Raúl tentarán volver á senda da victoria e continuar na pelexa dos postos para xogar a fase de ascenso a Liga Galega.
O encontro terá lugar mañá sábado ás 16.00 horas no campo municipal de Ribadeo e no que Raúl non poderá contar con dous homes moi importantes no equipo como o capitán, Diego, sancionado, e Iván Seco por motivos persoais.
Podes ver o resto da xornada pinchando aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario