A U.D. Pastoricense tentará este fin de semana quitarse o mal sabor de boca pola derrota o pasado domingo no campo do Lourenzá. O rival ante o que se tentarán acadar os tres puntos será un vello coñecido e de batallas na segunda autonómica e co que agora coincide nunha categoría superior, o Cabreiros.
Os pupilos de Fiz chegan a este partido moi motivados para tentar cambiar a imaxe ofrecida o domingo e coa mente posta en sumar tres puntos máis que os siga matendo nos postos altos da táboa. Para o encontro, o adestrador pastoricense non poderá contar con Fontela e Santi, lesionados, e manterá a dúbida ata o adestramento de hoxe de Iván, cunha escorredura de nocello.
O Cabreiros ocupa na actualidade a oitava posición con 34 puntos, a tan só 4 puntos da U.D. Pastoricense polo que unha victoria visitante apretaría aínda un pouco máis a clasificación. O equipo da Pastoriza, de acadar unha victoria, manteríase nos postos altos e non perdería a estela de Burela e Ribadeo, segundo e terceiro, respectivamente. Ademais, podería incluso adiantar ao Lourenzá pois o equipo mariñán visita o campo do Chantada que non perdeu até o momento ningún punto como local.
Para ver o resto da xornada pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario