A U.D. Pastoricense non foi quen onte de conseguir algo positivo na súa visita ao campo de Chantada. Así, o equipo dirixido por Fiz caeu derrotado por 3-1 nun partido onde o cadro local demostrou por que é o campión de liga e mantén unha diferenza de puntos co resto de clasificados. Aínda así, o cadro da Pastoriza tamén demostrou que o terceiro posto que ocupa na táboa é por méritos propios e pelexou ata os últimos minutos por acadar o empate a 2, que ao final remataría no 3-1 definitivo.
Por parte da U.D. Pastoricense xogaron: Josiño, Álex, Cami, Iago, Iñaki, Carlos, Mel, Diego, Martín, Iván e Farra. Tamén interviron: Raúl, Penelas, Andrés, Diego Castro e Peña. O gol do Pastoricense foi obra de Iñaki.
Con este resultado, a U.D. Pastoricense mantén o terceiro posto trala derrota do Burela por 1-2 ante o Ribadeo. Na vindeira xornada o equipo da Pastoriza recibe no Acebreiro ao Iberia, un equipo que pelexa por non descender de categoría polo que chegará á vila chairega co obxectivo de sumar os tres puntos.
Para ver o resto dos resultados de onte pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario