lunes, 11 de abril de 2011

O Pastoricense xuvenil vence por 2-1 ao Viveiro B e mantén a súa disputa co San Ciprián polo campionato

A U.D. Pastoricense xuvenil cedeu este fin de semana o liderado en favor do San Ciprián a pesar de colleitar unha nova victoria, ante o Viveiro B, por 2-1. A diferencia no golaverage xeral fai que o San Ciprián conte con +43 mentres que o Pastoricense conta con +42. A falla de dúas xornadas a igualdade é máxima, tendo en conta que os vindeiros partidos son enfrontamentos entre os equipos da parte alta da táboa.

Así, a próxima semana o San Ciprián recibe ao Sagrado Corazón, primeiro e cuarto respectivamente, mentres que o Pastoricense viaxará a Burela, quinto na clasificación, para sumar os tres puntos. O Foz, pola súa banda, disputará a priori o partido máis doado, ante o Cospeito, na vila mariñá. Dos posibles resultados ábrese un abano de posibilidades que pode dar como líder, ao final desta xornada, a calquera dos catro equipos. E pase o que pase, salvo o Sagrado Corazón, tanto Pastoricense, como Foz e San Ciprián, contarán con opcións na última xornada. Hai que lembrar que na última xornada, o Pastoricense recibe ao San Ciprián e o Sagrado Corazón ao Foz.

No partido deste sábado, a U.D. Pastoricense tivo que remontar un marcador que se puxo en contra co gol do Viveiro B. Pero as gañas e o empuxe do equipo local posibilitaron unha remontada que se consumou nos últimos minutos. Por parte do Pastoricense xogaron: Reina, Dani, Pirata, Iago, Aníbal, Javi, Canuto, Diego, Fer, Iván e Joni. Tamén xogaron: Simón e Javi Castro. Os goles do Pastoricense foron de Joni e Fer.

Para ver o resto de resultados pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario