viernes, 29 de abril de 2011

O Pastoricense viaxa a Santaballa co obxectivo de asegurar a terceira praza da táboa

O Pastoricense xogará este domingo en Santaballa un encontro que lle permitirá, no caso de sumar os tres puntos, asegurar a terceira praza a falta dunha xornada para o remate da liga. Unha posición que pode declararse como moi exitosa pois a U.D. xogaba por primeira vez nesta categoría, a primeira autonómica, moi competida até o final.

Fiz non poderá contar con Juanma, Santi e Fontela, lesionados, pero disporá do resto dos seus homes para sumar os tres puntos no Campo da Liga. O Santaballés ocupa a derradeira posición e xa está matematicamente descendido pero de seguro que quererá facer un bo papel ante a súa afección e gañar a un dos equipos máis fortes da categoría.

Para ver o resto da xornada pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario