viernes, 29 de abril de 2011

O Pastoricense xuvenil enfróntase ao San Ciprián coa necesidade de acadar un 3-0

O Pastoricense xuvenil xoga mañá a última xornada ante o San Ciprián contra o que buscará gañar por unha diferenza de tres goles ou máis e despois agardar o tropezo do Foz no campo do Sagrado Corazón e acadar así o título de liga. O obxectivo amósase moi complicado, máis aínda tendo en conta que Raúl non poderá contar con Reina nin con Iván, sancionados, para disputar este encontro.

Ante todo, hai que destacar a boa tempada dos xuvenís da U.D. que pelexaron ata a última xornada polo título de liga, unha escadra de xogadores todos do concello da Pastoriza que defenderon con honra o escudo pastoricense. Ademais, hai que ter en contna tamén que o 90% destes xogadores seguirán sendo xuvenís o ano que vén, onde seguro pelexarán de novo polos postos altos da táboa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario