lunes, 18 de abril de 2011

O Pastoricense xuvenil cae na súa visita ao campo do Burela e di practicamente adeus ao campionato

Mal fin de semana para os xuvenís da U.D. Pastoricense que caeron derrotados por 1-0 na súa visita ao campo do Burela. Con este resultado os xogadores da Pastoriza din practicamente adeus ás súas opcións de acadar o campionato a falta dunha xornada para que remate a Liga. Aínda que continúa con opcións reais da victoria final pasarían por gañar por tres goles de diferenza ao San Ciprián na última xornada e que o Foz non vencese na súa visita ao campo do Sagrado Corazón, equipo que non se xoga nada na derradeira xornada. A pesar diso, os homes de Raúl pelexarán até o último minuto para acadar o título de liga.

No partido do sábado a sorte non acompañou aos xogadores pastoricenses que fixeron méritos para acadar polo menos un empate pero o balón non quixo entrar e ao final dos 90 minutos chegouse co resultado de 1-0 a prol do Burela. Por parte da U.D. xogaron: Reina, Rafa, Diego, Iago, Aníbal, Cali, Javi, Canuto, Fernando, Joni e Iván. Tamén interviu Manuel.

Na vindeira semana, como comentabamos, o Pastoricense recibe ao líder o San Ciprián co obxectivo de gañar o partido por máis de tres goles de diferenza e agardar que o Foz non consiga a victoria na súa visita á capital lucense, o que daría o título aos homes de Raúl.

No hay comentarios:

Publicar un comentario