O Pastoricense recibe este fin de semana ao Iberia no municipal do Acebreiro. O encontro terá lugar o domingo ás 17.00 horas no que será o penúltimo partido da tempada na casa e no que o os pupilos de Fiz tentarán acadar unha victoria para seguir mantendo o terceiro posto da táboa unha vez que o ascendo á Autonómica Preferente quedou descartado tralo fin de semana pasado. Aínda que matematicamente hai opcións ata o remate desta xornada parece imposíbel sumar 9 puntos de nove e que o Ribadeo só sume un.
Pero para por un broche de outro á primeira tempada en primeira, nesta nova etapa, da U.D. Pastoricense acadar a terceira posición sería un fito histórico. Na actualidade suma 51 puntos, un máis que o Burela e dous máis que o Taboada. A priori, ao Pastoricense réstanlle tres partidos asequibles, sobre todo se atendemos aos postos que ocupan na táboa Iberia, Santaballés e Calasancio. Pero tamén é certo que a final de tempada son maís complicados os partidos cos da parte baixa, cando se xogan algo, que cos da parte media-alta.
Burela visitará o campo do Ferreira, un duro rival, que tamén ocupa os postos altos da táboa, ao igual que o Bóveda que recibe ao Taboada. O feito de que o Pastoricense xogue de local e os dous seus máis inmediatos perseguidores de visitantes suma un punto a favor dos homes de Fiz que poderían deixar case sentenciada a terceira praza, de sumar os tres puntos, e que os seus rivais non fagan o mesmo nos seus desprazamentos.
Para o encontro do domingo, Fiz non poderá contar con Fontela, Santi e Juanma, lesionados. O resto de homes estarán ao dispor do míster que sacará unha alineación de garantías para tentar dar unha nova alegría á súa afección logo da gran campaña realizada.
O Iberia chega á Pastoriza coa necesidade de sumar tres puntos que o alonxen definitivamente dos postos de perigo da táboa pois nestes momentos ocupa o posto 12º, con 26 puntos, a un do 13º, o Valadouro, e a 3 do 14º, o 15º e o 16º, Escairón, Calasancio e Folgueiro, respectivamente. Unha victoria o domingo daríalles a salvación matemática polo que a motivación do equipo mariñán vai a ser máxima. Hai que lembrar que no partido de ida o cadro pastoricense caeu por 1-0 nun dos peores partidos da tempada da U.D.
Para ver o resto da xornada pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario