jueves, 14 de abril de 2011

O Pastoricense xuvenil visita o difícil campo do Burela coa necesidade de sumar os tres puntos

Este fin de semana dispútase a penúltima xornada de liga na Primeira Autonómica Xuvenil, un campionato que non pode ter máis emoción ao contar con catro equipos separados por tres puntos, con enfrontamentos entre eles e co obxectivo de todos eles de ser os campións de liga que lles permita disputar a fase de ascenso a Liga Galega.

O Pastoricense disputará o sábado un partido moi difícil coa súa saída ao campo do Burela, quinto clasificado, que non se xoga nada pero que tentará facer un bo partido ante o cadro dirixido por Raúl. O equipo da Pastoriza necesita sumar os tres puntos para na última xornada depender de sí mesmo, no partido que disputará no Acebreiro ante o San Ciprián.

 As posibilidades que se manexan son varias e dependendo dos resultados incluso perdendo este partido podería depender de sí mesmo. Pero o obxectivo dos pastoricenses e acadar a victoria e coa axuda da afección dar o último paso dentro de quince días no municipal do Acebreiro, xa que en Semana Santa non haberá liga.

Para o partido deste fin de semana Raúl contará con tres baixas importantes, debido a unha excursión de fin de curso, como é o caso de Dani, Diego Pirata e Simón. A pesar destas tres ausencias o técnico pastoricense alineará un once de garantías.

O resto de enfrontamentos será o San Ciprián que recibe ao Sagrado Corazón, primeiro contra cuarto, e o Foz recibe ao Cospeito, no partido máis doado dos catro primeiros, a priori. Todos os equipos contan con opcións de ser campións pero un fallo do Sagrado ou do Foz deixaríaos xa apartado do título. Pola súa banda, tanto Pastoricense e San Ciprián contarían con opcíons na última xornada a pesar do que aconteza este fin de semana.

Como se pode observar, a emoción deste campionato está por todo o alto polo que animamos aos afeccionados a acompañar este fin de semana ao equipo a Burela. O clube porá un autobús a disposición dos seus afeccionados para tentar conquistar os tres puntos no campo mariñán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario