Despois dunha semana movidiña onde se falou de todo menos de fútbol, tralos incidentes ocurridos entre os xogadores do Valadouro e a xúiza de líña no anterior encontro, que foi suspendido no minuto 80, o Pastoricense volve á senda deportiva coa visita no campo do Acebreiro do Brollón, un equipo que tentará apurar as súas últimas opcións de manter a categoría.
O Pastoricense, pola súa banda, tentará deleitar á súa afección cun bo partido, sen ningún tipo de presión e na procura dunha boa tarde de fútbol que lle permita sumar os tres puntos e mirar a clasificación dende a parte alta, agardando algún erro de Ribadeo e Burela para manter a emoción ata o último minuto. Neste sentido, o Burela, terceiro, visita o campo do Cabreiros, situado na metade da táboa. Pola súa banda, o Ribadeo, segundo, recibe a outro dos implicados na pelexa por non descender, o Calasancio.
O Pastoricense ocupa agora mesmo a sexta posición con 45 puntos á espera do que pase no partido ante o Valadouro, onde gañaba por 1-0 no minuto 80 e no que o equipo visitante contaba con 9 xogadores no campo. A Federación aínda non se pronunciou acerca de si hai que xogar os dez minutos ou se da por finalizado. Vistos os incidentes, o xusto sería que non houbera que repetilo, pero aínda non hai comunicación oficial. Con estos tres puntos, o cadro da Pastoriza colocaríase terceiro, a un punto do Burela e a tres do Ribadeo.
Para o encontro do domingo, Fiz poderá contar con todo o seu plantel agás as xa coñecidas baixas de Fontela e Santi. Para ver o resto da xornada pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario