lunes, 4 de abril de 2011

Os xuvenís recuperan o liderado despois de vencer no campo do Alfoz por 0-2

A emoción vai estar asegurada ata o último minuto no campionato de Primeira Autonómica Xuvenil. A falla de tres xornadas para que remate a liga, os catro primeiros non ceden un punto e continúan na pelexa. Este fin de semana a U.D. Pastoricense recuperou o liderado logo de vencer na súa visita ao campo do Alfoz por 0-2, mentres que o San Ciprián só era capaz de vencer por 0-1 ante o Pol. Este feito fixo que o cadro da Pastoriza recuperara o primeiro posto, tras contar con máis goles marcados que o equipo mariñán.

A U.D. Pastoricense tiña este sábado un dos partidos máis complicados que lle quedaban, ante o Alfoz, sétimo clasificado. Pero os homes de Raúl sabían da importancia de sumar os tres puntos e, a pesar de dúas baixas moi importantes como o porteiro, Reina, e o defensa Diego López, non concederon oportunidades ao cadro alfocense. Ao descanso chegábase con 0-1 no marcador obra de Fernando. E na reanudación, Iván de xogada persoal poñía o 0-2 co que se chegaría ao final do mesmo.

Por parte do Pastoricense xogaron: Dani, Rafa, Iago, Diego, Aníbal, Javi, Canuto, Cali, Fernando, Iván e Joni. Tamén interviron: Simón, Javi Panadeiro e Gabi.

A vindeira xornada o Pastoricense recibe ao Viveiro B, un partido complicado ante o sexto clasificado. Pola súa banda, o San Ciprián volverá xogar de visitante no campo da Fonte, en Cospeito. O Foz, terceiro, medirase ao Pol en Bretoña e, por último, o Sagrado Corazón, cuarto, recibirá no seu campo ao Burela, quinto clasificado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario