martes, 31 de mayo de 2011

O Pastoricense cae ante o Folgueiro e di adeus á Copa Deputación

O Pastoricense volveu un ano maís a caer apeado da Copa Diputación nas primeiras eliminatorias. Desta vez, o verdugo foi o Folgueiro que tras chegar ao final do encontro con empate a un gol foi máis efectivo dende o punto de penalti impoñéndose por 4-2. O encontro tivo dúas partes diferenciadas, nunha primeira onde o Folgueiro despregou un xogo combinativo e onde chegou ao descando por 0-1 e unha segunda metade onde o Pastoricense se volvou na meta do equipo mariñán dispoñendo de ocasións para non ter que chegar á tanda de penas máximas. O gol do Pastoricense foi obra de Martín.

Por parte do Pastoricense xogaron: Reina, Álex, Carlos, Cami, José Ángel, Mel, Penelas, Iñaki, Martín, Raúl e Farra. Tamén interviron: Andrés, Iván, Diego e Diego Castro.

Con esta derrota o Pastoricense pon punto final á tempada máis exitosa da súa historia onde acadou, despois de ascender, un terceiro posto na Primeira Autonómica, pelexando ata os últimos partidos polas prazas de ascenso e demostrando que con traballo e sacrificio se pode competir con outros equipos, quedando incluso por encima deles, feitos a base de cartos.

Dende este rincón queremos dar a noraboa a todos os xogadores que compoñen o plantel, ao equipo xuvenil, á directiva, á afección e tamén, como non, a Fiz, a alma mater deste proxecto.

Agora, a U.D. está a traballar na confección do plantel da vindeira tempada na que estarán a maioría dos xogadores da actual, os xuvenís que se pasan de idade e algunha outra incorporación que faga mais forte este grupo formidábel.

O Pastoricense xuvenil vence por 2-0 ao Guitiriz no partido de ida dos cuartos da Copa Diputación

O Pastoricense xuvenil comezou con bo pe os cuartos de final da Copa Diputación ao vencer ao Guitiriz cun doblete de Joni. Despois de eliminar en oitavos á Pontenova, o equipo dirixido por Raúl presentábase no encontro co obxectivo de deixar encarrilada a eliminatoria e, sobre todo, non encaixar ningún gol que fora decisivo no partido de volta. E así foi, os xogadores pastoricenses realizaron un bo partido e acadaron un resultado esperanzadora de cara á volta, que se disputará o domingo ás 17.00 horas no campo da S.D.Guitiriz.

No partido deste sábado xogaron: Reina, Dani, Iago, Diego López, Aníbal, Javi, Canuto, Diego, Fernando, Iván e Joni. Tamén interviron: Rafa, Cali e Javi Castro.

viernes, 27 de mayo de 2011

O Pastoricense disputa ante o Folgueiro os octavos de final da Copa Diputación

A U.D. Pastoricense disputa este domingo ás 18.00 horas no Acebreiro os octavos de final da Copa Diputación ante o Folgueiro, logo de eliminar ao Valadouro nos dezaseisavos. O equipo mariñán, pola súa banda, non tivo que eliminar a ningún contricante tras non comparecer o Brollón.

Fiz non poderá contar para este encontro con Iago e Josiño, por problemas persoais; Juanma, sancionado; e mantén as dúbidas até última hora de José Ángel e Iñaki. Aínda así contará con efectivos suficientes para tentar pasar a eliminatoria e seguir facendo historia.

miércoles, 25 de mayo de 2011

O Pastoricense xuvenil vence por 3-1 á Pontenova e accede á seguinte rolda da Copa Diputación

O Pastoricense fixo valer os pronósticos e o resultado da ida (2-3 para o equipo da Pastoriza) e volveu vencer no campo do Acebreiro por 3-1. Os pupilos de Raúl comezaron mal o encontro tras encaixar o 0-1 pero tralo descando déronlle a volta ao marcador con goles de Diego, en dúas ocasións, e Fernando.

Agora, na seguinte rolda, o rival será o Guitiriz. O partido disputarase este sábado.

jueves, 19 de mayo de 2011

Os xuvenís vencen por 2-3 o partido de ida da Copa ante a Pontenova

A primeira eliminatoria da Copa Diputación de Xuvenís pinta ben para o cadro do Pastoricense logo da súa victoria, no campo da Mina ante a Pontenova, por 2-3, a pesar de que faltado 20 minutos para o final o marcador era de 2-0 para o equipo local. Os goleadores por parte do equipo da Pastoriza foron Canuto, Dani de penalti e Fernando.

O partido de volta xogarase este sábado, a partir das 17.00 horas o Campo Municipal do Acebreiro.

O Pastoricese agarda rival na vindeira rolda da Copa tras superar ao Valadouro nos penaltis

A U.D. Pastoricense pasou a primeira rolda da Copa Diputación 2011 tras superar como visitante ao Valadouro no lanzamento dende o punto de penalti. Ao remate dos 90 minutos, o encontro reflexaba un empate a dous goles no marcador. Este fin de semana, o cadro da Pastoriza coñecerá o seu rival na seguinte rolda que sairá do enfrontamento entre Folgueiro e Brollón.

O partido púxose de cara para o equipo dirixido por Fiz ao pouco de comezar cun gol de Iñaki pero os xogadores da mariña lucense logo acadaron nivelar a contenda de novo. Outra vez Iñaki facía o 1-2 pero pouco antes do final, de novo volvíanse por as cousas como ao comezo dos 90 minutos. O punto de penalti ía ser o que decidira que equipo pasaba de rolda. E ata aí a cousa estivo igualada pois precisáronse 9 lanzamentos de cada equipo para que o Pastoricense se proclamara vencedor da contenda.

No partido, a U.D. Pastoricense saltou ao terreo de xogo coa seguinte alineación: Josiño, José Ángel, Carlos, Iago, Juanma, Penelas, Mel, Raúl, Iñaki, Diego e Farra. Tamén interviron: Iván, Álex, Jose e Martín.

lunes, 16 de mayo de 2011

O Pastoricense vence por 4-2 ao Calasancio e acada a terceira posición final

A U.D. Pastoricense rematou a súa exitosa participación na Primeira Autonómica cunha excelente terceira posición logo de vencer por 4-2 a un Calasancio que se xogaba o descenso pero que en ningún momento puxo en apretos ao cadro branco. Hai que destacar que o equipo dirixido por Fiz xogou dende o primeiro tempo con dez, logo da expulsión do cancerbeiro Josiño, pero contou cunha brilante actuación do seu capitán, Cami, con paradas moi meritorias. Farra e Iñaki, por partida dobre os dous, marcaron os goles.

Por parte da U.D. xogaron: Josiño, Álex, Cami, Iago, Juanma, Mel, Carlos, Martín, Iñaki, Raúl e Farra. Tamén interviron: Iván, Andrés, José Ángel e Peña.

Os xuvenís perden co San Ciprián e consiguen unha meritoria terceira praza

O equipo xuvenil non foi quen de gañar ao campión de liga, o San Ciprián, polo que non acadou a ansiada primeira praza que lle permitiría xogar a fase de ascenso a liga galega. Con este resultado o cadro dirixido por Raúl remata a liga na terceira posición e agora pensa xa na Copa Diputación.

O Pastoricense empata en Santaballa e deberá acadar un punto na última xornada para acadar a terceira praza

A U.D. Pastoricense non foi quen de gañar na súa visita ao campo do Santaballés e terá que agardar á última xornada para asegurar a terceira praza. O equipo dirixido por Fiz empatou a 2 goles na súa visita ao campo do colista, nun partido con pouca intensidade e onde o cadro branco non realizou un bo partido.

Por parte da U.D. xogaron: Josiño, Diego Castro, Iago, Cami, José Ángel, Mel, Penelas, Jose, Andrés, Iván e Farra. Tamén interviron: Raúl, Iñaki, Martín, Carlos e Diego. Os goleadores do Pastoricense foron Farra e Martín.