lunes, 20 de diciembre de 2010

O Pastoricense despide o ano cunha victoria clara ante o Santaballés por 2-0

A U.D. Pastoricense venceu no partido de onte ao Santaballés por un claro 2-0, goles de Farra, e despide o ano na sexta posición. Cando queda un partido para acabar a primeira volta o equipo que dirixe Fiz acada un sobresaliente tendo en conta que é a primeira tempada en primeira autonómica. Hai que destacar ademais que o equipo está recuperando a dous xogadores moi importantes como Iñaki e Raúl e que por diversas lesións non puideron estar na meirande parte desta primeira volta.

Onte produciuse ademais o debut dun dos capitáns do equipo, como é Peña, que até o de agora debido a unha lesión no pubis non puidera estar ás ordes do adestrador. Con este debut, todos os xogadores do Pastoricense dispuxeron de minutos nalgún encontro da tempada.

O partido de onte foi de claro dominio local cun gol nos primeiros minutos pero que até ben chegado o final do mesmo non foi quen de sentenciar co 2-0. O Santaballés visitou o campo do Acebreiro coa idea de meterse atrás e esperar o rival pero o gol tan tempraneiro impediulles seguir con esa idea durante todo o encontro.

Por parte do Pastoricense xogaron: Rumbera, Diego Castro, Iago, Cami, Juanma, Penelas, Mel, Iñaki, Andrés, Martín e Farra. Tamén interviron: Raúl, Diego, Álex, Iván e Peña.

O Pastoricense queda así ao remate do 2010 na sexta posición con 25 puntos, a tan só tres do segundo posto que ocupa o Lourenzá. Para ver a clasificación pincha no menú que hai na cabeceira da páxina.

domingo, 19 de diciembre de 2010

O Pastoricense xuvenil golea 1-4 na súa visita ao Viveiro B

A U.D. Pastoricense xuvenil continúa coa súa excelente tempada. Onte na súa visita ao campo do Burela para enfrontarse ao Viveiro B venceu con comodidade por 1-4, nun encontro que nos primeiros minutos xa gañaba por 0-2.

Por parte do Pastoricense xogaron: Reina, Diego Pirata, Iago, Diego, Aníbal, Javi, Canuto, Fernando, Dani, Iván e Joni. Tamén interviron: Simón, Cali, Rafa e Javi Panadeiro.

Os goles foron obra de Fernando, Iván, Simón e Javi.

Con estes resultados o equipo dirixido por Raúl sitúase segundo, a dous puntos do Foz pero cun partido menos, o aprazado fronte ao Alfoz. O Sagrado Corazón, líder até a xornada de onte, perdeu na súa visita ao campo do Burela.

viernes, 17 de diciembre de 2010

A U.D. Pastoricense recibe ao colista coa mente posta nos tres puntos

A U.D. Pastoricense recibirá o vindeiro domingo ás 16.00 horas no campo do Acebreiro ao Santaballés, colista da Primeira Autonómica pero cun equipo con bos xogadores, moitos deles que defenderon a camiseta do equipo na Autonómica Preferente na campaña pasada.

Fiz non poderá contar para este partido con Fontela, Jose e Diego por lesión e recupera a Iñaki, sancionado na última xornada, e Penelas e José Ángel.

jueves, 16 de diciembre de 2010

O Pastoricense xuvenil regresa á competición ante o Viveiro B

A U.D. Pastoricense regresa este fin de semana á competición xuvenil logo de quince días de parón. O encontro, ante o Viveiro B, terá lugar o sábado ás 4 en Burela. O equipo que dirixe Raúl poderá contar con todos os seus efectivos e seguir mantendo así a súa condición de líder, perdida na última xornada ante o Sagrado pero que conta, ao igual que o Foz, cun partido máis disputado.

Para ver o resto da xornada pincha aquí.

lunes, 13 de diciembre de 2010

Derrota pola mínima ante o Iberia nun mal partido do cadro pastoricense

A U.D. Pastoricense realizou onte o peor partido do que vai de tempada na súa visita ao campo das Balgas, ante o Iberia. O cadro da Pastoriza nunca estivo metido no encontro e os erros defensivos e perdas de balón propiciaron que apenas dispuxeran de ocasións para adiantarse no marcador. O Iberia tampouco fixo un bo encontro pero atopouse cunha ocasión nos últimos minutos ante o que nada puido facer a U.D.

Por parte do Pastoricense xogaron Josiño, Álex, Cami, Iago, Juanma, Carlos, Mel, Diego, Andrés, Iván e Farra. Tamén xogaron: Martín, Santi, Raúl e Diego Castro.

viernes, 10 de diciembre de 2010

O Pastoricense enfróntase ao Iberia o domingo ás 16.00 horas

A U.D. Pastoricense tratará de volver á senda do triunfo o domingo ás 16.00 horas no campo de San Miguel de Reinante fronte ao Iberia. Despois de caer derrotado, inxustamente, ante o Chantada pola mínima a pasada xornada, a escadra dirixida por Fiz viaxa á mariña lucense coa moral a tope e con gañas de traer de volta os tres puntos.

Para o encontro do domingo o adestrador pastoricense non poderá contar con Iñaki, sancionado; Fontela, sancionado; e Penelas e José Ángel, por motivos persoais. Pola contra, recupera ao porteiro Josiño, a Diego e case con toda seguridade a Raúl. Santi será dúbida até o adestramento de hoxe pola noite.

O Iberia ocupa o 15º lugar da tábao clasificatoria con 16 puntos despois de colleitar 4 victorias, 4 empates e 6 derrotas. Na última xornada, o equipo mariñao venceu por 0-1 no derbi ante o Valadouro o que lle permitía respirar un pouco máis tranquilo. Se ben é certo que coa clasificación actual na preferente grupo norte é máis que probábel que de 1ª autonómica descendan até seis equipos ao final de tempada.

Para ver o resto da xornada pincha aquí.

jueves, 9 de diciembre de 2010

O colexiado impide que a U.D. Pastoricense saque algo positivo ante o Chantada

Unha vez máis o colectivo arbitral priva ao Pastoricense de acadar algo máis positivo no encontro. O pasado fin de semana no partido ante o Chantada o colexiado Cesáreo Vidal erixíase no protagonista do encontro deixando inxustamente ao cadro local en inferioridade pola expulsión de Iñaki. Aínda así, a escadra dirixida por Fiz facía un excelente encontro e recibía o único tanto a falta de dez minutos para o final.

Por parte do Pastoricense xogaron: Reina, Álex, Cami, Iago, Juanma, Carlos, Mel, Fontela, Martín, Santi e Farra. Tamén interviron: Iñaki, Iván G., Andrés, Diego Castro e Penelas.

viernes, 3 de diciembre de 2010

O Pastoricense recibe ao Chantada no duelo máis apaixoante da xornada

A U.D. Pastoricense xogará este fin de semana un dos partidos máis apaixoantes da tempada ante o Chantada, un duelo entre o primeiro e o terceiro da clasificación e que, polo momento, son so equipos aos que se lle podería dar a mellor nota polo traballo realizado. Por un lado, o Chantada líder indiscutible na categoría e que quere solucionar pola vía rápida o seu regreso á rexional preferente. Pola outra o Pastoricense, terceiro na clasificación e que no seu primeiro ano en primeira autonómica está facendo un papel moi destacado.

Os dous equipos chegan a este partido cun balance moi positivo e tan só cunha derrota en toda a tempada. O Chantada caeu na segunda xornada ante o Burela por 2-1 e o Pastoricense fixo o mesmo co Bóveda por 2-0.

Fiz non poderá contar con Raúl, Rafa e Xose nin co porteiro Josiño, sancionado, despois dun erro arbitral que o expulsou ante o Brollón por tocar o balón fóra da área coa man cando en realidade o despexou coa cabeza.

Para ver o resto da xornada pincha aquí.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

O Pastoricense xuvenil lider da súa categoría

Este fin de semana o Pastoricense convertiuse no novo líder da Primeira Autonómica Xuvenil logo de acadar a victoria na súa visita á Mina, contra a Pontenova, e que o Sagrado Corazón caera derrotado no campo do Alfoz por 2-0.

O equipo que dirixe Raúl conta cunha vantaxe dun punto co Sagrado e sitúase unha semana máis como o menos goleado con 7 tantos. No capítulo anotador, conta con 30 goles a favor, sendo segundo nesta clasificación.