lunes, 31 de enero de 2011

Derrota do Pastoricense Xuvenil en Foz por 2-0

O Pastoricense xuvenil volveu caer derrotado por segunda semana consecutiva desta vez ante o sólido líder como é o Foz. Os pupilos de Raúl non realizaron un bo partido e ven como as opcións de aspirar a un dos dous postos de promoción de ascenso se complican un pouquiño máis.

Por parte do Pastoricense xogaron: Reina, Diego Pirata, Iago, Diego, Aníbal, Javi, Canuto, Fernando, Iván, Dani e Joni. Tamén interviron: Cali, Simón, Manuel, Javi e Gabri.

O Pastoricense ocupa agora a terceira posición por detrás do Foz e do San Cibrao, co que empata a puntos, pero co que ten peor gol average. Na vindeira xornada, o equipo da Pastoriza recibe ao Lourenzá co obxectivo de sumar os tres puntos e volver á segunda praza da clasificación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario