O Pastoricense volveu dar unha alegría máis aos seus afeccionados trala victoria de onte ante o Riotorto por 1-0 nun partido no que mereceu a victoria de principio a fin e no que o cadro visitante só dispuxo dunha ocasión en todo o partido nas botas dun dos seus mellores homes, José Luís.
O partido comezaba con dominio local e con algunha ocasión clara, como un disparo ao pau de Mel mediada a segunda metade ou un remate de cabeza de Farra ao que o meta Cupeiro, coñecido pola afección local tras xogar na U.D. durante moitos anos, fixo unha boa intervención. O Pastoricense mostrábase un equipo forte atrás, sen deixar ningunha opción de ataque ao Riotorto pero cecáis algo impreciso nas zonas de ataque. Así, co resultado de 0-0 chegábase ao descando.
O partido comezou coa seguinte alineación por parte local: Rumbera, Álex, Cami, Iago, Juanma, Mel, Penelas, Diego, Martín, Iván e Farra. Por parte do Riotorto: Cupeiro, Martín, Iago, Suso Murado, Jaime, Nando, Juan Carlos, Cristina, Lourido, Jose Luís e Play.
Á volta do descanso, o adestrador visitante retirou do terreo de xogo a Lourido e meteu a Antonio pero o equipo riotortense seguía sen atoparse no campo e apenas inquietaba a meta defendida por Josiño. O Pastoricense tamén movía o banquiño introducindo a Raúl e Iñaki por Diego e Iván. Os dous xogadores de refresco notáronselle moito ao equipo local que comezou a combinar no seu ataque e creando situacións de perigo. Entremedias, Carlos sustituía a Penelas e Andrés a Martín.
Antes deste cambios, o Riotorto dispuxo da única ocasión en todo o partido. Un tiro de Cristina que Josiño desviaba ao pau e no que o rechace lle quedaba a José Luís franco para empurrala ao fondo das mallas pero que o atacante riotortense enviou por encima do longueiro, demarrando así a única opción que tivo o equipo visitante de sacar algo positivo da súa visita ao Acebreiro.
No minuto 75 despois dunha xogada a balón parado o rechace caíalle a Juanma que na retaguardia do equipo pastoricense volvía a colgar o balón á área do Riotorto e donde Iago, cun cabezazo maxistral e ante a errada saída de Cupeiro, establecía o 1-0 que á postre se mostraría definitivo. A partir de aí o Riotorto tentou atacar pero nunca foi quen de superar á sólida, un encontro máis, defensa do equipo local.
Nestes últimos quince minutos, Raúl, Iñaki, Andrés e Farra combinaron en diversas ocasións poñendo en apretos a xogadores de destacada traxectoria como Suso Murado, que tivo que empregarse en algunhas ocasións con excesiva dureza. Nos últimos minutos, José Ángel substituiría a Farra, o dianteiro local que realizou un labor moi destacado no encontro de onte e que se decanta como un dos dianteiros a ter moi en conta na primeira autonómica lucense.
Hai que destacar tamén, no encontro de onte, a boa asistencia de público ao campo do Acabreiro, e no que os afeccionados visitantes igualaron ou incluso superaron aos locais pero que ao final do encontro recoñecían que o cadro local fora o xusto vencedor do mesmo.
Con esta victoria, o Pastoricense sitúase segundo na clasificación empatado a puntos co Lourenzá, que caeu derrotado por 4-0 na súa visita ao campo do Ferreira. De rematar así a liga, o equipo da Pastoriza, un recén ascendido de categoría, lograría o ascenso á rexional preferente. Pero a realidade dista moito dos soños e polo momento o cadro local segue a perseguir o seu obxectivo principal: salvar a categoría e para o que aínda lle quedan sumar 10 puntos máis.
O vindeiro domingo, o cadro pastoricense visita o campo do Taboada, noveno clasificado, co obxectivo de sumar os tres puntos e sobre todo gañar o gol average con equipo do sur de lugo, o que lle permita superalo nun hipotético empate de puntos na última xornada. No partido de ida, no campo do Acebreiro, o resultado final foi de empate a un gol.
Para ver a clasificación pincha aquí.
´Non sabes ben o valor que ten isto que escribes, xa que algún día faranos moi felices voltalo a ler , e para que iso suceda, alguén ten que perder parte do seu tempo, que é tanto ou mais valioso que o dos demais. Moitas Grazas!
ResponderEliminarGrazas Terra Chá. Se alguén merece esta "perda de tempo" é o Pastoricense, xogadores, adestrador, directiva e afección. Forza U.D.
ResponderEliminar