miércoles, 19 de enero de 2011

Inxusta derrota do Pastoricense ante a Milagrosa

O fútbol en ocasións non é xusto. Esta conclusión é a que se pode chegar despois de presenzar o partido que enfrontou o pasado domingo ao Pastoricense coa Milagrosa, onde caeu derrotado por 0-1. O encontro só tivo un dominador claro, basculando o campo cara a portería do equipo da capital lucense e con numerosas ocasións de gol.

Aos 10 mintuos de partido, un erro na defensa do Pastoricense aproveitábao o dianteiro da Milagrosa para, na única ocasión do equipo visitante no partido, poñelo por diante no marcador. A partir de aí o dominio pastoricense foi total pero non foi quen de batir a meta visitante.

Por parte local xogaron: Rumbera, Álex, Cami, Iago, Juanma, Iñaki, Raúl, Mel, Martín, Santi e Farra. Tamén interviron: Iván, Andrés, Diego, Diego Castro e Penelas.

O Pastoricense queda agora situado na sexta praza con 29 puntos, a tan só tres do Lourenzá, segundo clasificado. Para ver o resto da clasificación pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario