O Pastoricense xuvenil non foi quen de gañar o seu partido ante o Burela tras empatar ao final dos 90 minutos a dous goles. O equipo local adiantouse na primeira metade cun gol de Iván Seco pero na segunda metade, onde xogou peor, viu como se lle poñía por diante o Burela grazas ao revulsivo que supuxo o relevo de dianteiro centro no cadro mairñán.
A nota negativa do encontro púxoa o colexiado con erros que perxudicaron sobre todo ao Burela pitando un penalti inexistente a favor do Pastoricense, que fallou, e non sinalando outro moi claro dun defensa do Pastoricense ao atacante burelés.
Por parte local xogaron: Reina, Diego Pirata, Iago, Diego, Aníbal, Javi, Rafa, Canuto, Iván, Dani e Fernando. Tamén xogaron: Manuel e Cali.
Iván Seco e Diego Pirata anotaron os tantos locais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario